Ampliación do prazo de inscrición ó 13 de setembro.

Programa curso

Este ano o Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo, coa colaboración do grupo de ecofisioloxía vexetal da Universidade de Vigo, lanza a IV edición do curso ‘Estudantes para Ciencia: o teu futuro na investigación’.

Esta xornada terá lugar na aula 5 da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo a partir das 10:00h do día 14 de Setembro. Está pensado para dar a coñecer, aos estudantes dos últimos cursos do grao, a carreira científica. A xornada está estruturada en charlas con poñentes que contarán a súa experiencia nos distintos niveis da investigación: o traballo fin de grao (TFG), o mestrazgo e o proxecto fin de máster, a tese de doutoramento e a etapa posdoutoral. Finalizarase cunha mesa redonda titulada “A miña actitude ante a investigación”.

O obxectivo é que os participantes coñezan os distintos pasos da carreira científica de primeira man e se preparen para acceder a ela se así o desexan.

Ao rematar a xornada entrégase certificado de participación.

É obrigatorio inscribirse enviando un correo electrónico a luis@uvigo.es indicando o nome, número de DNI, curso e grao antes do 13 de setembro.